featured, opinión, porque me peta — 20 febrero, 2012 at 11:00

A desmemoria colectiva

por

manuel-fraga-memoria-historica-columna-opinion-porquemepeta-revista-achtung

Por Uxío Velo | Ilustración Oscar Sanluis

Manuel Fraga “o estado collíalle na cabeza”. A frase, do ex- presidente socialista Felipe González, fixo fortuna estes días. Ao desfilar pola capela ardente instalada no domicilio da fami- lia Fraga en Madrid, personalidades dun e doutro signo reco- rreron unha e outra vez a devantida frase. Mentres os medios de comunicación enchían as rúas con loanzas e titulares coma éstes: “Fraga, un hombre de bien” o “Fraga, figura clave de la historia de España y padre de la Constitución”. Até enemigos íntimos como Santiago Carrillo alabaron o “papel positivo” de Fraga na transición.

Foi algo así como unha enaxenación compartida. Un apagón colectivo da memoria. De súpeto episodios coma o de Palo- mares ou o fusilamento de Julián Grimau desapareceron do expediente e o imaxinario comunal abrazou a figura de Don Manuel, ese ao que chamaban “El León de Villalba” e que na súa etapa de embaixador en Londres xactabase de selo único diplomático que cumpliu coa obriga de visitar aos compañeiros doutros países, incluida a “Isla de Tonga”. Na era das telecomunicacións, da internet e dos tweets resulta abraiante asistir a un fenómeno de “desmemo- rización colectiva” coma éste.

O artigo completo no número 3 de Achtung!

música cine libros series discos entrevistas | Achtung! Revista | reportajes cultura viajes tendencias arte opinión

Deja tu comentario

Comments are closed.