Misantropía infantil: “O señor das moscas”, de William Golding

by

Por Miguel Calvo Santos

“- Que é o que somos? Persoas? Ou animais? Ou salvaxes? Que van pensar de nós os maiores? Correndo por aí…, cazando porcos…, deixando que se apague o lume…, e agora!

Unha sombra tempestuosa enfrontóuselle.
– Cala xa, gordo de merda!
Houbo un intre de loita e a caracola brillou en movemento.
Ralph saltou do seu asento.
– Jack! Jack! Ti non tes a caracola! Déixalle falar.
O rostro de Jack flotaba xunto ao seu.
– E cala ti tamén! Quen te cres que es? Aí sentado… dicíndolle á xente o que ten que facer. Non sabes cazar, nin cantar.
– Son o xefe. Elixíronme.
– E que máis ten se te elixen ou non? Non fas máis que dar ordes estúpidas…

[…]

-As regras!- berrou Ralph- Estás rompendo as regras!

-E que importa?

Ralph apelou ao seu propio bo xuízo.

-As regras son o único que temos!

Jack rebatíalle a gritos.

-Á merda as regras!…”

Quen pode culpar a Jack? Todos quixemos algunha vez pasar polo forro as cansinas regras e ser libres, felices facendo o que nos de a gana. Pero claro… Todo é mais complicado do que parece, como ben se conta en “O señor das moscas”, un dos clásicos indiscutibles da literatura en lingua inglesa de posguerra, e unha maxistral alegoría sobre a maldade intrínseca del ser humano.

Ca súa primeira novela, Golding expón a hipotética situación duns rapaces que tras un accidente aéreo quedan atrapados nunha illa sen adultos. Sona ben, verdade? Unha illa paradisíaca onde os nenos poidan xogar todo o dia e ser eles mesmos, vivindo aventuras e misterios como se fora a illa de Lost. Pero por suposto, a illa é real, e as personaxes (de 5 a 12 anos) evolucionan dunha inicial inocencia infantil a una total deshumanización a medida que se desenrola a difícil convivencia na illa e van xurdindo os conflitos.

Ao mesmo tempo que se nos narra una novela de aventuras de corte robinsoniano, contemplamos páxina a páxina como os cativos van perdendo esa inocencia e os instintos máis primitivos se impoñen en loitas de poder, desencadeando nunha traxedia.

Da utopía pasamos á distopía, onde a realidade é oposta a unha sociedade ideal, e Golding, cun cru pesimismo, expón as súas ideas pouco amables sobre a natureza humana. Para el, o home non é bo por natureza como defendían Frank Capra ou Rousseau (que non era precisamente bo por natureza), senón máis ben un cabroncete nato, e polo tanto, calquera estrutura social creada polo ser humano está inevitablemente corrompida e condenada ao fracaso.

Alguén está de acordo? Imaxinádevos a vos mesmos nunha illa deserta e preguntádevos ata onde chegaríades por rapiñar un cacho de comida… De que lado estariades? Dun pequeno capullo que polo menos che da de comer, ou do rapaz nobre e con principios que vai quedando sen apoios día a día?

Para potenciar o ton alegórico da obra, cada personaxe personifica de xeito moi marcado as distintas emocións e actitudes humanas. Ralph, o protagonista, representa a a democracia, buscando o ben común e a sensatez. É un bo chaval e o seu principal obxectivo dende o accidente é regresar á civilización. Jack, a súa antítese, ao perder toda esperanza de rescate, só busca a diversión e a liberdade nesta illa sen adultos volvéndose un ser salvaxe e irracional, aínda que cunha evidente carisma. Ambos, buscando o liderado na illa, aglutinarán os dous bandos que acabarán por enfrontarse.

O obeso e miope Piggy, lugartenente de Ralph, representa a voz da razón, aínda que tamén a debilidade en ambientes adversos. O terrorífico Roger, personificación do sadismo e típico neno psycho que lle arranca as alas ás moscas será o segundo de Jack, e dará renda solta a unha brutal violencia xa que non hai adultos que llo impidan. Simon o hippie, é tímido e pequeno, encarna a amabilidade e a harmonía coa natureza, un místico alucinado que será a primeira baixa na guerra. Os nenos máis pequenos, son personaxes inconscientes que seguen á maioría só por supervivencia e sen pensar nas consecuencias (mmm… alguén se identifica con eles?). Evidentemente, co paso do tempo, acabarán irremediablemente no bando de Jack, que non só lles proporciona comida, senón tamén diversión fronte ao coñazo de Ralph, que “se cre que é maior”.

O xeito en que todos os rapaces van perdendo paulatinamente a súa humanidade e ao mesmo tempo, creando unha cultura tribal propia con mitos baseados en vagas ideas, é retratado por Golding con tal crueza e verosimilitude que fai que o lector se mire a si mesmo e se pregunte se o ser humano é capaz do crime máis abominable en situacións extremas.

A resposta, queridos lectores, é que si… Que nos deixen un mes sen electricidade e xa veredes como volvemos á idade de pedra, adorando unha cabeza de porco, se fai falta.

Outro dos temas tratados en “O señor das moscas” é o medo, compartido por todos os que saen na novela. Ao ser nenos, ao estar sós nun entorno inexplorado, ese medo acentúase e personifícase no “monstro”, unha metáfora do terror ao descoñecido que se vai apoderando de todos. E prec

Comparte este contenido

Comments are closed.