carrusel, o misántropo namorado, opinión — 20 septiembre, 2012 at 10:00

10 discos que nunca deberon ver a luz

by

Por Miguel Calvo Santos

usaforafrica-musica-discos-misantroponamorado-revista-achtung

Evidentemente, existen moitos mais de 10 discos que son verdadeiro veneno para os oídos, e de feito, prefiro calquera das obras que se van comentar a continuación antes que moitas cousas que se están a facer neste terrible milenio.

Sen embargo, polo que teñen de desagradables, absurdos, ridículos, catastróficos e demenciais, estes discos merecen estar en calquera ranking da peor merda xamais publicada. Discos que só servirían para torturar presos en Guantánamo ou obrigar a una secta texana a acabar coas súas vidas tras cercalos e pinchar esta música a todo volume. En definitiva, discos que lexitimarían a actitude misantrópica de calquera…

Abrídevos de orellas e reflexionade sobre do que é capaz o ser humano:

Florence Foster Jenkins “The Muse Surmounted”

Considerada a peor cantante da historia, esta señora sempre soñou con ser unha gran soprano, pero dado o seu poder económico, ninguén tivo os huevos de dicirlle nunca que iso da ópera non era o seu.

Vestida con esperpénticas roupas feitas por si mesma, a millonaria Sra. Jenkins comezou a facer recitais para os seus amigos ricos demostrando unha absoluta falta de ritmo e oído, en plan Ramoncín revisitando a Nirvana.

Financiados por ela mesma, chegou a publicar cinco discos que tiveron certo éxito no circuíto misántropo e freak. Por suposto, nos seus recitais, esgotábanse as entradas para ver en directo a esta diva da canción que se consideraba a si mesma a mais grande, e ademais pensaba que as risas nas súas actuacións eran por “envexa profesional”.

Aparte da súa maxistral discografía, Jenkins deixounos esta reivindicativa frase: “A xente pode dicir que non sei cantar, pero ninguén pode dicir nunca que non cantei”.

Piranha Man “Blowing Goats”

O Crooner definitivo, a mutación bollywoodiense de Sinatra, Tony Bennet e Tom Jones. Un tío tan desconcertante, que ata é bo… De feito, este disco podería estar nunha lista dos mellores discos!

Este paquistaní de mediana idade versioneou clásicos como “It’s not Unusual” ou “Delilah” de Tom Jones, e himnos gorgoritísticos como “My Way” ou “I Will Always love You”, e deixou ben claro que o tempo e o ritmo non tiñan ningunha importancia para el.

Cunha voz moi parecida a Apu Nahasapeemapetilon e bases do mais casposo karaoke, revolucionou a música lixeira con este único disco que nos transporta a un universo lisérxico con cheiro a tofú e pantallas mostrando o texto da canción equivocado e a destempo. Sen dúbida, o artista máis internacional de Paquistán.

Carl Lewis “Break It Up”

Madre mía! O fillo do vento, que acaparou os medalleiros dos 80, tamén tiña que triunfar na música… Aproveitando o seu tirón, decidiu sacar á luz esta auténtica bazofia coa que é doado pensar que o deporte é malo para os tímpanos.

O álbum teno todo para estar nesta lista: Looks ochenteiros que rozan o gay hardcoriano, funky bizarro e gorgoritos de castrato que farían palidecer a Tiny Tim… Mesmo se foi de xira mundial, actuando nos máis cutres programas de variedades, complementando os seus mongólicos alaridos con movementos de robot que facían preguntarnos se realmente era o tío máis áxil do planeta.

Sexa como sexa, o seu single vendeu máis de medio millón de copias. Todo un gañador este Lewis

Milli Vanilli, “All or Nothing”

Quen non lembra a este horterísima dúo de finais dos 80? Hoxe en día son sinónimo de trampa e embuste, pero na súa época foron os máis grandes.

Inventados por ese alemán chamado Frank Farian (creador tamén de Boney M), este dúo de freaks formado por Rob Pilatus e Fabrice Morvan reinou nas pistas de baile ata que se lles raiou o disco en directo nunha cerimonia da MTV e se descubriu que en realidade non cantaban eles.

Pouco importaban os seus esperpénticos bailes e esas roupas de pallaso que causaban furor… Cando se descubriu o pastel, a masa indignada doulles a espalda e tiveron que devolver o seu Grammy nunha humillación pública sen precedentes.

Farian salvou o cu milagrosamente afirmando que non sabía nada do tema (!) e o pobre Rob acabou suicidándose en 1988.

Triste historia, aínda que máis triste é o disco.

USA for Africa “We are the World”

Realmente, un dos discos máis lamentables dos 80, polo que ten de hipócrita e empalagoso. Vergonza debería darlles…

Saído das perturbadas mentes de Michael Jackson e Lionel Ritchie, “We are the World” naceu como un intento por acabar coa fame en Africa, algo moi de moda nos 80, e así lavar as conciencias de xente forrada como Bruce Springsteen, Ray Charles, Cyndi Lauper, Bob Dylan e Paul Simon, que aínda se deben estar preguntando como participaron en semellante esperpento.

O proxecto foi número un en medio mundo, recadou o inimaxinable (50 millóns, e contando…), e alguén debe de estar aínda gozando da fortuna que non puido malgastar Jackson, e non precisamente en Etiopía.

Dee Dee King “Standing in the Spotlight”

Cando Dee Dee abandonou os Ramones, un dos mellores compositores da historia decidiu deixar de ser punk e converterse en rapeiro. Cargado de cadeas de ouro, múltiples aneis nos dedos e un xigantesco radiocasete no lombo, o entrañable Douglas Colvin pasou a chamarse Dee Dee King (AKA Doug E. Fresh)…

Resultado? Un disco do máis delirante, no que Dee Dee demostra que é un puto desastre merecedor de prisión, e incluso tortura. Tras este escarmento, o xenial baixista decidiu volver a facer o que mellor sabía: Rock and Roll, deixando o exercicio do Hip Hop para xente con máis talento.

Don Johnson “Heartbeat”

Decídeme… Que coño pintan Stevie Ray Vaughan, Ron Wood ou Dickey Betts nun disco de Don Johnson? É unha das cousas mais sorprendentes da historia da música, pero aí está a proba: “Heartbeat”, do ano 1986, cando Sonny Crocket estaba na cresta da ola.

Unha cousa tan hortera, paradigma dos sons ochenteiros máis tóxicos, debería ter triunfado nesa terrible década, pero nin así… O disco é tan fodidamente malo que non convenceu a ninguén, e Johnson tivo que adicarse ao que mellor facía: perseguir malos por Miami ataviado coa roupa máis hortera da TV.

John McEnroe “Rock and Roll”

Outro exemplo de que xuntando deporte e música rara vez se conseguen resultados decentes. Recoñezo que usei infinidade de veces unha raqueta para facer Air Guitar, pero o do malhumorado McEnroe non ten nome… Nin reunir a Roger Daltrey dos Who como cantante, nin a Steve Harris e Nico McBrain de Iron Maiden na sección rítmica serviu para ocultar a súa falta total de talento nas seis cordas. Vaia cagada de disco!

Pero o gran John non aprendeu a lección, e aínda segue a tocar coa súa banda, e mesmo conta con colaboracións ilustres como a de Jeff Beck ou Van Halen, pero todos sabemos que a súa vocación nunca debeu de deixar de ser o tenis.

musica-mrt-discos-revista-achtung
Mr. T “Mr. T’s Commandments”

Un fan sueco de Iron Maiden decide elixir once pezas do seu grupo favorito, crear cochambrosas melodías MIDI e cantar sobre elas en plan karaoke, con erros e improvisación incluídas.

O resultado é sumamente patético, pero hai que recoñecer que o sueco cantou de corazón e con total honestidade eses himnos heavis… Pobre home! Poucos soubemos recoñecer o seu talento, e Anton decidiu acabar coa súa vida con 23 anos, privándonos de máis versións atómicas da Dama de Ferro.

Mr. T “Mr. T’s Commandments”

Outro que caeu rendido nas redes do Rap. Por algunha razón, tocar esta música semella doado, pero evidentemente non o é. Máis aínda se está perpetrado por un negado para a canción como M.A. Barracus, e as letras son tan estúpidas que semellan escritas por un neno de 10 anos. Exemplos: “Trata ben á túa nai” ou “No Dope No Drugs”, onde tenta aconsellar á xuventude a que se comporte para ter unha vida san. Isto encantoulles aos seus colegas Ronald e Nancy Reagan, que cualificaron esta merda como un dos seus discos preferidos.

A verdade, discrepo con Ronnie… Por moi negro que fose o carismático Mr. T, e por moito que lle botaran unha man rapeiros de verdade como Ice T ou Afrika Islam, non puido expresar convincentemente a poesía do gueto. Mágoa! M.A. foi un dos ídolos da miña infancia, polo que escoitar isto converteume irremediablemente nun misántropo desencantado da raza humana.

Polo amor de dios! M.A. debería adicarse a soldar cousas, e non fodernos a vida con catástrofes musicais como esta!

omisantroponamora-revista-achtung-opinion

música cine libros series discos entrevistas | Achtung! Revista | reportajes cultura viajes tendencias arte opinión




Share on Tumblr

Comparte este contenido

2 Comments

  1. ¡Pon enlaces a todas estas delicias!