Seleccionar página

Por Xan do Coto | Ilustracións Sergio Simunich

charlyg-novela-literatura-revista-achtungO portal estaba pechado polo que Branco decidiu afastarse uns metros para non levantar sospeitas. O sol xa caera había varias horas aínda que a calor seguía a ser abafante. O aire africano ocupaba xa toda a cidade formando esa atmósfera reseca e fatigante das noites de verán. Branco odiaba a sensación de pesadez que lle invadía esas noites. O rumor dun grupo de mozos que avanzaba cara a rúa Maior distrouxoo un pouco dos seus pensamentos. Retrocedeu uns pasos máis para apoiarse nunha das farolas distribuidas regularmente pola cidade para ilumina-las beirarrúas. Branco prendeu un cigarrillo. Deulle dúas caladas profundas e deixou que o resto se consumira. De súpeto veulle á mente a imaxe dun dos homes do todoterreo botando un cigarro na esquina. Pasaran algo máis de 24 horas pero Branco lembraba perfectamente a escena. O home, un mangallón de metro noventa con pinta de sicario, saíra do todoterreo e camiñara uns metros até dobra-la esquina. Branco repetiu os seus pasos. Tratou de orientarse buscando o balcón dende o que tirara as fotos. O ángulo do edificio impedía- lle velo dende alí. Alomenos sei que non se puido percatar de que o estaba a espiar, pensou. Iso aliviouno un pouco. Dáballe algo de vantaxe. Aquel home non semellaba ser dos que tira as cabichas nos cinceiros públicos así que botou unha ollada ao chan. A beirarúa estaba repleta de desperdicios aínda que non lle custou moito atopar o que estaba a buscar. Branco recolleu o paquete do chán e uliscouna. Recoñeceu aquel olor mentolado. Durante os combates en Mostar no 94 os suministros eran difíciles de conseguir e o pouco que chegaba quedaba as máis das veces confiscado polas tropas. Na- quelas Branco amañárase para se facer cunha ducia de cartóns no troco duns cantos retratos aos soldados do VRS. A pregunta agora estaba clara: cómo chegaran aquí dezaoito anos despóis? Branco meteu o paquete esmagado no peto e voltou cara o edificio.

Esperou até que un veciño saíu do portal. Deixou pasa-lo tempo suficiente para que éste desaparecese no seu horizonte. Subiu o escalón e mirou varias veces a ámbolos lados. Entón agachouse e recolleu o anaco de cartón que colocara baixo a porta. Empurrouna co pé e adentrouse no recibidor. O inmoble conservaba o aire distinguido grazas os revestimentos de mármol esmerilado das paredes, aínda que o paso do tempo e a falta de conservación notábase nos desgarros dos marcos e no desconchado do teito. O eco metálico do ascensor sobre- saltouno. Viña alguén. Branco subiu os escalóns de dous en dous até esconderse no en- tresollado. Polo xeito de pisar Branco deduxo que debían de ser varios homes. Alomenos catro. Murmuraban entre sí. Branco afilou o oído.

—Aquí no hay nada. No sé para que cojones hemos venido 

Se queres seguir coñecendo  a historia de Charly G faite el número 4 de Achtung!




Share on Tumblr

Comparte este contenido